Español   Gallego   

Clínica Dental Mario Bello Cerdeiro

Traxectoria

Detrás de toda empresa hai unha idea que serve de motor para unha entrega sen reservas. No caso da Clínica Dental Mario Bello Cerdeiro ese impulso encontrámolo na constatación de que no capítulo da prevención, no que se refire á saúde bucodental, había moito por facer, moito camiño por percorrer. Gran parte da nosa sociedade non tomara aínda conciencia abondo das repercusións orgánicas ocasionadas polas patoloxías dentarias e das enxivas. Por outro lado, enfrontabámonos a unha conciencia colectiva, en parte fundamentada, de que asistir unha vez ao ano ao dentista era só para ricos. Dende os seus inicios no ano 1993 a Clínica Dental Mario Bello Cerdeiro foi demostrando á súa clientela que resulta máis gravoso curar que previr. Evitar a perda de pezas propias é o noso leitmotiv, e para iso aplicámonos en estreitar a relación odontólogo-paciente. Para ilustrarlles este código ético e profesional, dirémoslles que a nosa práctica nos aconsella non só a intervención, senón tamén a pedagoxía: ensinamos ao paciente a cepillar os dentes correctamente, a usar o cepillo dental, o colutorio e a distinguir a existencia de placa ou a temida mobilidade das pezas por enfermidade das enxivas.​​